Despois de terme un bo rato facendo un master sobre o carro galego...era demasiado o que quería poñer no meu comentario asique aquí vai mais deste temiña tan complexo....
Parece ser que hai un montón de palabriñas sobre as pezas que compoñen o carro galego e que según as diferentes zonas de Galicia chámanse de moitas maneiras distintas...
Traitoras ou treitoiras mouchiño, salen no debuxiño e participan nese son tan característico do carro que preguntaba garabixo.. ¿son boa alumna eh?..recoñezo que levo un monton de tempo leendo cousiñas... pero encántame eso de investigar e mais aún atopar a resposta jeje
Aquí o debuxiño onde as atopei;

A música do carro do país animaba os camiños galegos, rivalizando entre os carreteiros por cal soaba mellor pois podíase variar apretando máis ou menos as treitoiras ou mollando o eixo. Unha das maiores utilidades deste son era, ademais de animar ós bois no seu camiñar nos estreitos e tortuosos camiños con pouca visibilidade por onde non pasaban dous carros á vez, abrigo cando a carga era voluminosa como toxos, palla, etc, avisando de que se achegaba outro carro en dirección contraria e había que apartar axiña para deixar paso ao que tivese preferencia; este era o momento dunha pequena parada para botar un conto entre os carreteiros despois do obrigado bos días e San Antonio.
Xa sabemos añgo mais pequen@as!