18 abr 2012

Un Poema...

Este vaise y aquél vaise,
e todos,todos se van;
Galicia,sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés,en cambio,orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

Poema de Rosalía de Castro.


Como non podía ser menos ... esta vez o poema dedicado a quen xa nos deixou O Albino da Airexa de Figueiroá.  Votarémoste moito en falta por aquí tamén Albino...