23 abr 2011

Estamos de festa...

Quen o diría que despois de tres anos sen festa volverían os carteis as portas das palleiras en Figueirorá.
Si señor! Estamos de festa! Para os que estades cerca ¡VIDE! e para os que vos queda un pouco lonxe tranquilos que xa sabedes que contaremos...
Pode ser unha das últimas o pode ser unha das primeiras de moitas mais por vir!!

15 abr 2011

Pascua de Figueiroá 2011

¡¡¡¡Grandes festas na parroquia de Figueiroá!!!

Teremos seguro misa, cordeiro, gran baile e berbena . Vide todos que temos unha expléndida explanada no Barrio esperando estar abarrotada de xente.
E como famosos tamen temos.... visitaranos nas festas a ben xa coñecida Daniela Rodríguez. Ainda non confirmou a asistencia do seu mozo, que a acompaña na foto, pero nunca se sabe....

10 abr 2011

Vamos en camiño..."onde nacen os sentidos"


Alá vamos de camiño para a Feira do viño de Amandi 2011... Para a Pascua de Figueiroá ... onde,como ben dice o eslogan, nacen os sentidos....Non sei se véstedes a nova imaxe da campaña publicitaria da Ribeira Sacra pero a mí dende logo gústame moito mais ésta.. Non é que non estean ben as montaxes fotográficas... pero  recurrir a elas neste caso, resultáme un pouco artificial cando temos realidades que falan por si soas... Que me disculpen os sus autores, seguro ben profesionais...
Podédela ver aquí
En fin ..debe ser que non deron con estes auténticos modelos que temos nos ;))

E ademais eu añadiría... onde o de antes e o de agora ten cabida... E senon que llo pregunten a este modelo que abre camiños coa fouciña e perfectamente comunicado...