Pintaría o blog de debuxiños con tantos pequeniños e pequeniñas o noso redor....
Benvida ti tamen Aroa.
De seguro encantaranos verte pola Airexa crecer....Dando os primeiros pasiños....correndo, rindo, chorando, xogando, falando...atopando misiños e descubrindo buchitos....
¡Cantas cousas por descubrir Aroa!
Cantaríache unha nana pero como ben sei que non soaría moi ben mellor shhhhhh shhhhhh...escoita...escoita... que de seguro a teu pai tamen lle gustará escoitala da man de Fuxan os ventos...
Biquiños Aroa