31 may 2011

E cando trona...

A ver a ver...pregunta de exame:
¿Onde están as velas na vosa casa?
E non falo desas aromáticas ou de decoración que tanto se ven últimamente...(ainda que dado o caso ben valen para alumar se se nos vai a luz..)
O caso e que este pasado fin de semana tronou por Veleigaz e foise a luz. Recordoume o medo que pasaba de pequena....O olor a herba mollada e metidos todos nas camas acochegadillos escoitando a chuvia caer nos tellados...Ou se a cousa se puña fea fea... xa estaba anduriña meténdonos as pequenas no coche...por si acaso.
Empezaban entón aquelas historias de...
....seica en liñanes o trono matou unha vaca...e temén, non sei onde, partiu unha árbore polo medio....
Ufff que tembleque..... Non chegaba co ruido que facía, que tiñamos que saber que os cornos das vacas atraían o trono....Eu creo que quedoume trauma dende aquela ....
Pois ben, que quedamos sen luz, sen auga e como o mobil non tiña moita batería... pouco lle faltou para quedar incomunicados ... Menos mal que a cociña ainda vai a gas.... Non foron mais dunhas horas pero dabondo para esa nova viaxe no tempo ... Viaxe que temos a sorte de disfrutar os que vamos a eses lugares... lugares chamados neste caso Veleigaz, ónde ainda sabemos rapidamente do sitio das velas e do foco...




e onde claro está volve a luz nalgún momento...porque si no...ai que iba ser de nos! 

19 may 2011

Os Ramistas

Aquí chegan xa os que veñen pedir para a festa...
Antes tocaba ser a todos algún ano xa que rotábase entre as aldeas da Parroquia.. Ahora volvemos a decir aquelo de xa non hai quen.... Asique serán algúns voluntarios aqueles VALENTES que organizarán a festa....Pedirán os cartiños os veciños, petando de casa en casa... e vendendo rifas... Buscarán orquesta e repartirán   cohetes....Serán pois; aplaudidos,queridos e serán tamén, como non, criticados... O caso é que gracias a eles, este ano a música e os cohetes volveron soar na Pascua de Figueiroá. 
¡Moitas Gracias Ramistas!
Ben é certo que o de comer o final é o que nos vai de verdade y entre pancetas e chipirons fixemos a festa..
Polo que, a petición de Moucho, o dono da idea de esta entrada, e dedicado a vos; Ramistas, este video do resumen en imaxes e coa música de fondo do que deron de sí estas festas.

8 may 2011

A procesión da pascua.

E cos meus zapatos novos daba a volta o redor…Escoitando as campanas, os coetes e os cantos da procesión… En silencio. Tras da Santa… Mirando a Veleigaz …mirando  quen cantaba...mirando os que tocaban…

O que non sabía eu antes, era dos preparativos previos para preparar A Santa…Era festa tamen para ela e poñíase de tiros largos…A pobre Santa tamen lle afecta eso do despoboamento rural...Facia anos que non saía...Xa non hay que a prepare...dicen....Pero este ano... ¡houbo quen!
Así que .... festa "o completo" coa Santa incluida
Aquí tedes esa preparación para que quede como exemplo ás vindeiras xeneracions….



Penso houbo estar contenta  este ano a nosa Santsa de tomar o aire e darse esa voltiña o redor...
Este é o video en vivo y en directo..non moi ben grabado...(E que puxenme nerviosa o escoitar as campanas...) Ainda encima acabouse a memoria da tarxeta xusto no final...


Esscoitai os cohetessssssss